John Stossel
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Frank Stossel, nado en Chicago Heights o 6 de marzo de 1947, é unha personalidade televisiva, escritor e comentarista político libertario estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Frank Stossel 6 de marzo de 1947 (77 anos) Chicago Heights, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Princeton New Trier High School (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalista |
Ocupación | presentador de televisión , xornalista , escritor |
Período de actividade | 1969 - |
Empregador | American Broadcasting Company Fox Broadcasting Company |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Irmáns | Thomas P. Stossel |
Premios
| |
Páxina web | johnstossel.com |
|
En outubro de 2009, Stossel deixou o seu traballo tras moitos anos en ABC News para unirse a Fox Business Channel e a Fox News Channel. É o presentador dun programa semanal de novas en Fox Business chamado Stossel, que foi emitido por primeira vez o 10 de decembro de 2009. Stossel tamén achega análises de xeito regular en varios programas de Fox News, entre eles The O'Reilly Factor. Tamén escribe un blog en Fox News, "John Stossel's Take". Stossel foi columnista de xornais sindicado a nivel federal dende febreiro de 2011.
O estilo de Stossel combina reportaxes con comentario. Este último reflicte unha filosofía libertaria e posicións sobre a economía que son en gran medida en apoio do libre mercado.[1] Comezou a súa carreira como xornalista como investigador de KGW-TV, foi reporteiro do consumidor en WCBS-TV na cidade de Nova York, e posteriormente uniuse a ABC News como editor de consumidores e reporteiro en Good Morning America. Stossel pasou logo a ser correspondente de ABC News, uníndose ao programa semanal de revista 20/20, do que chegou a converterse en copresentador.[2]
Como reporteiro, Stossel recibiu numerosos premios, entre eles dezanove premios Emmy, e foi honrado en cinco ocasións por excelencia na reportaxe sobre temas do consumidor polo National Press Club.[3] En 2011, John Stossel recibiu o título de doutor honoris causa na Universidade Francisco Marroquín.[4] Tamén escribiu dous libros que contan como as súas experiencias no xornalismo definiron as súas posicións socioeconómimcas, Give Me a Break en 2004 e Myths, Lies, and Downright Stupidity en 2007. Stossel tamén foi o voceiro da Fundación de Tartamudez dos Estados Unidos.[5]