From Wikipedia, the free encyclopedia
John Jacob Astor, nado o 17 de xullo de 1763 e finado o 29 de marzo de 1848, foi un empresario americano de orixe alemá, comerciante, inmobiliario e investidor que principalmente fixo a súa fortuna no comercio de pel e por investir en inmobles preto ou nacidade de Nova York.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johann Jakob Astor 17 de xullo de 1763 Walldorf (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 29 de marzo de 1848 (84 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Trinity Church Cemetery (en) |
País de nacionalidade | alemán (de nacemento) estadounidense (desde 1789) |
Q89547790 | Primeiro multimillonario dos Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, dealer (en) |
Familia | |
Familia | Família Astor (pt) |
Cónxuxe | Sarah Todd (1785–) |
Fillos | Magdalen Astor, Sarah Astor, John Jacob Astor, William Backhouse Astor, Dorothea Astor, Henry Astor, Eliza Astor, unnamed infant son Astor |
Pais | Johann Jakob Astor e Maria Magdalena |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Ninth Edition (en) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Foi o primeiro membro destacado da familia Astor e o primeiro multimillonario nos Estados Unidos.
Johann Jakob Astor naceu en Walldorf, preto de Heidelberg, no antigo Palatinado.[1][2] Foi o fillo máis novo de Johann Jakob Astor (7 de xullo de 1724– 18 de abril de 1816) e María Magdalena Vorfelder (1730-1766).[3] O seu pai era carniceiro, e Johann axudouno na tenda.[4]
En 1779, á idade de 16 anos trasladouse a Londres para unirse ao seu irmán George traballando na fábrica de pianos e frautas dun tío deles, Astor & Broadwood.[4] Durante esta época, aprendeu inglés e anglicizou o seu nome.[5]
En 1783[4], Astor inmigrou a Nova York, xusto ao final da guerra de independencia estadounidense, alugou unha habitación a unha viúva e comezou a filtrear coa filla desta, Sara Cox Todd. Alí tivo a oportunidade de coñecer un comerciante de peles que o inspirou a unirse ao negocio.[1] Tras traballar na tenda do seu irmán Henry durante un tempo, comezou a mercar peles aos nativos americanos, a preparalas, e revendelas en Londres ou calquera outro lugar, obtendo un gran beneficio.[4] Abriu a súa propia tenda de peles en Nova York a finais da década de 1780, e traballou como axente do negocio musical do seu tío.
Astor comezou a mercar terras en Nova York en 1799. A comezos do século XIX, comezou a ser máis sistemático, ambicioso e calculador investindo en inmobiliaria na cidade. En 1803, mercou unha granxa de 70 acres. Tamén adquiriu varias propiedades de Aaron Burr, caído en desgraza.[6]
Raramente construía na súa terra, pero alugaba a outros para o seu uso. Trala súa retirada do negocio, pasou o resto da súa vida promovendo a cultura. Apoiou o ornitólogo John James Audubon nos seus estudos, viaxou, e colaborou na campaña electoral de Henry Clay.[7]
O 19 de setembro de 1785 Astor casou con Sarah Cox Todd (1762–1842).[8] A súa muller axudaríao nos seus negocios, e levou os asuntos do seu marido cando estaba fóra da cidade.[9] Tiveron oito fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.