![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/40/John_Dee_Ashmolean.jpg/640px-John_Dee_Ashmolean.jpg&w=640&q=50)
John Dee
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Dee, nado o 13 de xullo de 1527, en Towe Ward (Londres) e finado a finais de 1608 ou principios de 1609, en Mortlake (Surrey), foi un alquimista, ocultista, matemático, astrónomo, astrólogo, ocultista, imperialista[1], navegante galés e consultor da raíña Isabel I de Inglaterra. Adicou parte da súa vida ao estudo da alquimia, filosofía hermética e adiviñación.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1527 ![]() Londres (Reino de Inglaterra) ![]() |
Morte | 26 de marzo de 1609 ![]() Mortlake (Reino de Inglaterra) ![]() |
Lugar de sepultura | St Mary the Virgin, Mortlake (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Educación | Old University of Leuven (en) ![]() Trinity College (1546–1548) St John's College (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | Gemma Frisius (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas e alquimia ![]() |
Ocupación | filósofo , xeógrafo , cartógrafo , astrólogo , matemático , astrónomo , Escriba ![]() |
Empregador | Universidade de París Rodolfo II ![]() |
Profesores | Gerardus Mercator ![]() |
Lingua | Lingua latina e lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Thomas Digges (pt) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Jane Dee |
Fillos | Arthur Dee (en) ![]() ![]() |
Pais | Roland ap Bedo ap Dafydd Ddû ap John Dee (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dee incursionou nos mundos da ciencia e da maxia a pesar de estar distinguidos os conceptos nese tempo. Un dos homes máis eruditos da súa época, foi convidado a disertar sobre álxebra avanzada na Universidade de París, cando non superaba os vinte anos de idade. John Dee foi un gran promotor das matemáticas e respectado astrónomo e destacado experto en navegación e adestrou nesta materia a moitos dos que posteriormente levarían a cabo as viaxes de descubrimento inglesas. Nun dos numerosos tratados que escribiu nos anos 1580 alentando as expedicións bitánicas na busca do Paso do Noroeste, hai indicios de que acuñou (ou polo menos ao ser introducido en imprenta) o termo ''Imperio británico''.[2]
Ao mesmo tempo, Dee sumerxiuse nos mundos da maxia, astroloxía e filosofía hermética. Adicou moito tempo e esforzo nos seus últimos trinta anos de vida a procurar comunicarse cos anxos coa fin de aprender a linguaxe universal da creación e lograr a unidade preapocalíptica da humanidade.
Foi estudante do neoplatonismo renacentista de Marsilio Ficino, mais non fixo distincións entre as súas investigacións matemáticas, estudo da maxia hermética, invocación dos anxos e adiviñación. Considerou que todas as materias as que se adicaba constituían diferentes facetas da mesma procura: a indagación dunha comprensión transcendente das formas divinas que subxacen ao mundo visible, ao que Dee chamou ''verdades puras''.
O elevado status de John Dee como erudito recoñecido permitiulle tamén desempeñar un papel notorio na política isabelina. Serviu como asesor ocasional e titor da raíña Isabel I e cultivou relacións cos seus ministros Francis Walsingham e William Cecil. Tamén gozou de relacións de patronado co señor Philip Sidney, o seu tío Robert Dudley, I conde de Leicester, Edward Dyer e do señor Christopher Hatton.
Ao largo da súa vida Dee compilou a biblioteca máis grande en Inglaterra e unha das máis grandes de Europa.[3]