From Wikipedia, the free encyclopedia
John Charles Polanyi (en húngaro: Polányi János), nado en Berlín o 23 de xaneiro de 1929, é un químico canadense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.
Naceu en Berlín, fillo do químico húngaro Michael Polanyi e Magda Elizabeth, e sobriño do famoso economista Karl Polanyi. En 1933 a súa familia trasladouse a Inglaterra, onde estudou química na Universidade de Cambridge onde se doutorou en 1952. Aquel mesmo ano emigrou ao Canadá, onde traballou no National Research Council of Canada de Otava, e posteriormente nas universidades de Princeton e Toronto, de onde é profesor de química desde 1956.
Tras realizar investigacións en quimioluminiscencia infravermella, radiación que emiten as moléculas cando as súas rotacións e vibracións internas retárdanse pasando de estados vibracionais de moi alta frecuencia a outros estados vibracionais de baixa frecuencia. A análise destas radiacións fornece información detallada da distribución de enerxía nos elementos químicos, e a relación desta distribución cos detalles das secuencias de fenómenos que ocorren durante as reaccións.
En 1986 foi galardoado, xunto cos químicos estadounidenses Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.
En 1989 recibiu un doutoramento honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.