![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/John_Carmack_E3_2006.jpg/640px-John_Carmack_E3_2006.jpg&w=640&q=50)
John Carmack
From Wikipedia, the free encyclopedia
John D. Carmack, nado en Roeland Park, Kansas o 20 de agosto de 1970, é un programador de videoxogos e enxeñeiro aeroespacial e de realidade virtual estadounidense. Foi un dos cofundadores da empresa de videoxogos id Software, xunto con John Romero, Tom Hall e Adrian Carmack. Carmack foi o principal programador dos videoxogos Commander Keen, Wolfenstein 3D, Doom, Quake, Rage e as súas respectivas continuacións. É notable tamén polas súas innovacións no campo dos gráficos en 3D xerados por computadora, como por exemplo o seu algoritmo da "Inversa de Carmack" para os volumes de sombras, ademais de ser un entusiasta dos foguetes e o fundador e enxeñeiro en xefe da empresa Armadillo Aerospace. En agosto de 2013 converteuse no CTO da empresa Oculus VR, que no 2014 pasou a ser unha subsidiaria de Facebook.[1]