entomólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Christian Daniel von Schreber, nado en Weissensee, Turinxia (Alemaña) o 17 de xaneiro de 1739 e finado en Erlangen, Baviera (Alemaña) o 10 de decembro de 1810, foi un médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Carlos Linneo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1739 Weißensee |
Morte | 10 de decembro de 1810 (71 anos) Erlangen |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Electorado de Saxonia |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Universidade de Uppsala Universidade de Erlangen-Núremberg |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico , profesor universitario , médico , liquenólogo , naturalista , entomólogo |
Empregador | Union of German Academies of Sciences and Humanities (en) Universidade de Erlangen-Núremberg |
Membro de | |
Profesores | Carl von Linné |
Lingua | Lingua alemá e lingua latina |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Schreb. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schreber |
Premios | |
Schreber estudou medicina, teoloxía e historia natural nas Universidades de Halle e Uppsala.
En 1760, tras obter o seu doutoramento, iniciou o exercicio da medicina en Bützow. Ao ano seguinte comezou a impartir clases na Universidade desa cidade.
A partir de 1770 ensinou medicina e botánica en Erlangen. En 1773 foille confiada a dirección do xardín botánico da cidade e, en 1776, foi nomeado catedrático de Historia Natural.
En 1774 Schreber comezou a redacción dun tratado titulado Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibunge (Descrición e ilustración da natureza dos mamíferos), no que acometeu a descrición de todas as especies coñecidas de mamíferos. Moitas delas foron alí descritas cientificamente por primeira vez, e clasificadas de acordo ao sistema binomial desenvolvido polo seu mestre Linneo. As ilustracións, porén, carecían do rigor doutras obras da época.
En 1787 foi nomeado membro da prestixiosa Real Academia das Ciencias de Suecia.
Tras a súa morte, a súa rica colección botánica foi adquirida polo rei Maximiliano Xosé I de Baviera, e serviu de base para a colección estatal de Botánica de Múnic.
Varias especies recordan a Schreber no seu nome latino, entre elas:
Láminas de Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen (1774-1804).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Christian Daniel von Schreber |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johann Christian Daniel von Schreber |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.