Joe Dallesandro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Angelo Dallesandro, nado en Pensacola (Florida) o 31 de decembro de 1948, é un modelo fotográfico e actor de cinema estadounidense.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Joseph Angelo D’Allesandro 31 de decembro de 1948 (75 anos) Pensacola (Estados Unidos de América) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista , produtor de cinema , actor de cinema , actor de televisión , modelo , actor pornográfico |
Período de actividade | 1967 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
Páxina web | joedallesandro.com |
|
Dallesandro foi coñecido por protagonizar os filmes que Andy Warhol e Paul Morrissey rodaban en The Factory. Destacou pola súa beleza e o seu voluptuoso físico que mostraba espido nos filmes, así como pola súa sinceridade cara á súa bisexualidade. Aínda que nunca se converteu nunha estrela de cinema comercial, Dallesandro é lembrado por ser o símbolo sexual masculino máis famoso do cinema underground dos anos 60 e 70 e unha icona homoerótica, cun culto que persiste.[1] Segundo o seu biógrafo Michael Ferguson, Dallesandro foi «o primeiro sex symbol masculino abertamente erotizado que camiñaba espido a través da pantalla».[2] En palabras do director de cinema John Waters, Joe era «un marabilloso actor que cambiou para sempre a sexualidade masculina na pantalla».[3]