Jim Rathmann
piloto de carreiras estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jim Rathmann (nado o 16 de xullo de 1928, finou o 23 de novembro de 2011), Royal Richard Rathmann, foi un piloto de carreiras estadounidense que gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1960.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1928 ![]() Valparaiso, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 23 de novembro de 2011 ![]() Melbourne, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Pilotou nos campionatos das series AAA e USAC nas tempadas 1949, 1950, e de 1952 a 1963 con 42 participacións, incluíndo as 500 Millas de Indianápolis en cada unha desas tempadas. Rathmann tamén participou nas dúas carreiras da Carreira dos Dous Mundos en Monza, Italia, gañando a carreira de 1958. Logrou 6 vitorias, ademais da súa vitoria na Indy 500.
Rathmann e o seu irmán máis vello na maioría das veces intercambiaban os nomes durante a adolescencia. Aos 16 anos de idade quería participar nas carreiras polo que usou o nome de "Dick Rathmann," co carné que lle prestou o seu irmán máis vello e asumiu a identidade de "Jim Rathmann."[1] O cambio de nome quedou para sempre nos círculos públicos.
O 15 de agosto de 2007, Rathmann foi incluído no Motorsports Hall of Fame de América. A cerimonia tivo lugar en Detroit.[2] Morreu en 2011 logo dun ataque.[3]