fundador do judo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Dr. Jigoro Kano (嘉納 治五郎 Kanō Jigorō), nado o 28 de outubro de 1860 en Mikage, daquela na provincia de Settsu, e hoxe na cidade Kōbe, Xapón, foi o fundador do judo.
En 1882, Kano fundou o Kodokan, ou "Escola para o Estudo da Vía". O seu sistema de artes marciais (judo) eclipsou ás antigas escolas de Jiu-jitsu no Xapón. De xeito exitoso, Kanō logrou que o judo se incorporase ao sistema educativo xaponés. Jigoro Kano coñece en París a Moshé Feldenkrais a quen lle insinara o judo sendo este o primeiro europeo en conseguir o cinto negro, segundo Dan. Kanō foi representante do Xapón ante o Comité Olímpico Internacional e o seu soño foi que se incluíse ao judo nos Xogos Olímpicos. Tal anhelo fíxose realidade en 1964, ano en que os Xogos se levaron a cabo en Toquio. Con todo, Kanō falecera había anos, o 4 de maio de 1938, a bordo do SS Hikawa Maru cando realizaba unha viaxe de regreso ao Xapón.
Kano recibiu a título póstumo a máxima gradación de Judo, que é a faixa branca. Segundo a filosofía do Judo este é unha continua aprendizaxe e ao morrer é coma se volvésemos empezar.
No outono de 1925, despois de insistentes pedidos de seu admirador, Almirante Isamu Takeshita, Morihei Ueshiba foi a Toquio para realizar unha demostración de Aikido diante dunha distinguida audencía, entre a cal se encontraba o ex-primeiro ministro Conde Gonnohyoe Yamamoto.
O Conde Yamamoto quedou profundamente impresionado pola demostración do fundador do Aikido e solicitoulle que dirixise un seminario especial de 21 días, no palacio anexo de Aoyama, para especialistas de alto nivel de Judo e Keido do persoal da Casa Imperial.
En outubro de 1930, Jigoro Kano, fundador do Judô Kodokan, tivo oportunidade de ver a arte magnífica do mestre Morihei Ueshiba, o Aikido, e aclamouno como Budo ideal e, até mesmo, envioulle algúns dos seus mellores alumnos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.