músico e musicólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesús Bal y Gay, nado en Lugo o 23 de xuño de 1905 e finado en Torrelaguna (Madrid) o 11 de marzo de 1993, foi un músico, musicólogo e intelectual galego, unha das figuras significativas da chamada Xeración do 27.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1905 Lugo, España |
Morte | 3 de marzo de 1993 (87 anos) Torrelaguna, España |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo, compositor, crítico musical |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Rosa García Ascot |
Jesús Bal y Gay naceu o 23 de xuño de 1905 en Lugo, onde viviu a súa infancia e mocidade. En 1914 comezou os seus estudos de piano con Mercedes Cornide e María Mota. En 1922 mudouse a Madrid para realizar seus estudos de enxeñaría. Entre 1925 e 1933 viviu na Residencia de Estudiantes,[2] onde tomou contacto coa Institución Libre de Enseñanza. O ambiente de traballo gustoulle, pois permitiulle o seu desenvolvemento persoal. En 1926 comezou a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 viaxou a Cambridge como bolseiro, onde residiu 3 anos. Ligou esta saída de España co exilio en México, malia que o comezo da guerra civil española colleuno, coa súa esposa, en Lugo. Convidado polo presidente Lázaro Cárdenas, viviu en México 27 anos. En 1965 volveu a España, onde morreu en 1993 na localidade de Torrelaguna (Madrid). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Unha residencia universitaria do campus de Lugo (adscrito á Universidade de Santiago de Compostela) leva o seu nome.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.