químico francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean Baptiste André Dumas, nado en 1800 e finado en 1884, foi un químico francés, coñecido polos seus traballos de análise e síntese orgánica, ademais da determinación do peso atómico por medio da medición das densidades de vapor.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Naceu en Alès (Gard). En 1816 trasladouse a Xenebra, onde acudiu ás clases de M.A. Pictet de física, C.G. de la Rive de química e Augustin Pyrame de Candolle de botánica, traballou con Pierre Prévost nos problemas de química fisiolóxica e mesmo de embrioloxía. En 1822 marchou a París, onde actuou como conselleiro de Alexander von Humboldt e foi profesor de química, inicialmente no Lyceum e máis tarde (1835) na École polytechnique .
En 1826 Dumas demostrou que a masa molecular de certos compostos orgánicos é directamente proporcional á densidade do vapor do composto e a partir diso estableceu novos valores de masa atómica de 30 elementos, establecendo o valor para o hidróxeno en 1.
En 1833 desenvolveu un método para calcular a cantidade de nitróxeno das substancias orgánicas, iniciando os métodos modernos de análise. En 1839 estableceu a teoría da substitución que afirma que en química orgánica as propiedades de certos compostos non cambian mesmo cando o seu hidróxeneo se substitúe cunha cantidade equivalente de halóxenos.
Elixido deputado en 1848. Entre 1850 e 1851 foi ministro de agricultura e comercio. Posteriormente foi senador e presidente do concello municipal de París.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Baptiste Dumas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.