From Wikipedia, the free encyclopedia
Javier Sotomayor Sanabria, nado en Limonar o 13 de outubro de 1967, é un atleta cubano retirado especializado en salto de altura .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Javier Sotomayor Sanabria 13 de outubro de 1967 (57 anos) Limonar, Cuba (pt) |
Altura | 193 cm |
Peso | 80 kg |
Actividade | |
Ocupación | saltador de altura |
Período de actividade | 1987 - 2001 |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | salto de altura |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
Premios | |
| |
Sotomayor naceu en 1967 na provincia de Matanzas. Comezou moi novo no salto de altura e aos catorce anos conseguiu superar a distancia de dous metros, trasladándose á Habana cunha bolsa da Escola de Deportes Avanzados. Con dezanove anos era o quinto mellor saltador do mundo.[1]
Converteuse en campión do mundo júnior en 1986 en Atenas, e o récord que acadou nese momento (2,36 m) aínda é válido. Forzado a non asistir aos Xogos Olímpicos de Seúl de 1988 debido ao boicot político perpetrado por Cuba, ao ano seguinte gañou o Campionato Mundial de atletismo en pista cuberta en Budapest[2] e o Campionato ao ar libre en Porto Rico.
Converteuse no mellor saltador de altura de todos os tempos, obtendo unha medalla de ouro e outra de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992[3] e Sydney 2000; seis medallas de ouro nos Campionatos do Mundo de Atletismo de 1993 e 1997 (ao ar libre) e 1989, 1993, 1995 e 1999 (pista cuberta), así como tres medallas de prata en 1991 e 1995 (ao ar libre) e 1985 (pista cuberta) e unha de bronce 1991 (pista cuberta). Obtivo tres vitorias nos Xogos Panamericanos e nos Xogos Centroamericanos e do Caribe.
En 1993 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.
En 1999, foi condenado a dous anos sen competir despois de que supostamente lle diagnosticaron cocaína durante unha proba antidopaxe nos Xogos Panamericanos de 1999 en Winnipeg. A Federación Internacional de Atletismo perdoou a sanción por "circunstancias excepcionais"[4] e con só tres meses de adestramento recibiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sydney.
Aos 34 anos puxo fin a unha extraordinaria carreira durante a que cruzou o listón 24 veces nos 2,40 metros. En febreiro de 2004, nunha entrevista nos medios cubanos, Sotomayor afirmou que unha lesión forzara a súa retirada, que non tiña que ver co escándalo da dopaxe.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.