biólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Javier Castroviejo Bolivar, máis coñecido por Javier Castroviejo, nado o 5 de outubro de 1940 en Bueu,[1][2] é un biólogo e investigador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1940 (84 anos) Bueu, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | biólogo |
Familia | |
Pai | Xosé María Castroviejo |
Fillo de Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón,[2] sendo neno trasladouse coa súa familia a Tirán (Moaña). Estudou o bacharelato en Vigo, o primeiro curso de Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela e o resto na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en 1965. Unha vez licenciado, marchou a Alemaña (onde estivo desde 1965 a 1968) para realizar a tese de doutoramento, que presentou na Universidade Complutense en 1972,[3] co título "Contribución al conocimiento de la taxonomía, ecología, biología del celo y mudas del urogalo (Tetrao urogallus L.) en España", cualificada coa máxima nota.[1]
Nese mesmo ano de 1972 obtivo por concurso-oposición unha praza de colaboración científica do CSIC para traballar na Estación Biolóxica de Doñana. Dous anos despois foi nomeado director en funcións e, en 1975, director efectivo de dito centro, que dirixiu até 1988.[1][3] Foi profesor de investigación do CSIC até 2001, e impartiu clases durante un curso na Universidade de Salamanca.[3]
O seu contacto en 1957 con Félix Rodríguez de la Fuente foi decisivo: compartiu con el numerosas experiencias, colaborou nas súas famosas Enciclopedias (Fauna e Fauna ibérica) e dedicouse ao estudo e defensa das especies protexidas.[3] Deste gran divulgador dixo:[2]
O seu labor non só cambiou a mentalidade dos españois, senón que se plasmou en realidades: en especies protexidas, en lexislación... Ademais hai algo que apenas se lle recoñece: a súa contribución a dignificar a profesión do biólogo de campo. A grande homenaxe a Rodríguez de la Fuente debería ser académico.
Castroviejo é autor de diversos traballos de investigación sobre o norte de España, moi importantes para coñecer a ecoloxía invernal dos vertebrados da cordilleira Cantábrica, o papel do acivro (Ilex aquifolium), a bioloxía da pita do monte (describiu a subespecie de pita do monte cantábrica) e da do lobo, con técnicas de radiomarcaxe usadas por primeira vez con esta especie en España. Promoveu e actualizou a publicación da revista científica Doñana Acta Vertebrata, e desenvolveu un importante labor no ámbito internacional, como a creación da Estación Biolóxica do Frío en Llanos de Venezuela, e en Bolivia. Así mesmo, levou a cabo expedicións zoolóxicas no antigo Sáhara Español (aprovitando as prácticas do servizo militar, que fixo divididas en dous anos como alférez en Las Palmas de Gran Canaria)[2] en Marrocos, Guinea Ecuatorial, Gabón e Latinoamérica.[3]
Foi un dos redactores da vixente Lei 91/1978 sobre o Parque Nacional de Doñana e o Real Ddecreto 357/1984, que modificaba o Plan Almonte-Marismas. Ademais de contribuír á detención do proxecto do Plan Almonte-Marismas e da estrada costeira, o seu labor foi fundamental para que a área protexida do Parque Nacional se incrementara en 13 000 ha e unhas 50 000 de preparque. Foi un dos fundadores, e presidente, da Asociación de Amigos de Doñana, vicepresidente e presidente do Comité MAB (Home e Biosfera) da UNESCO, e presidente do Consello Internacional de Coordinación do MAB da UNESCO (París). Así mesmo presidiu a IberoMAB (Red de Comités y Reservas de Biosfera de Iberoamérica y el Caribe).[3]
Dirixiu 7 teses de doutoramento na Universidade de Sevilla na Universidade Complutense de Madrid.[4]
Castroviejo publicou un cento de artigos en revistas científicas, entre os que se poden citar:[1][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.