Jaume Huguet
artista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jaume Huguet, nado en Valls en 1412 e finado en Barcelona en 1492, foi un pintor gótico catalán. O seu estilo é unha evolución do gótico internacional cara ás innovacións incorporadas dende a pintura flamenga. A súa formación realizouse entre Valencia, Tarragona e Barcelona, mais non se descarta que puidese visitar Sardeña ou Nápoles, que formaban parte da coroa de Aragón. Desenvolveu a súa máxima actividade en Barcelona a partir de 1448, onde creou un obradoiro que practicamente monopolizou a realización de retablos en Cataluña durante a segunda metade do século XV, unha vez mortos Bernat Martorell e Lluís Dalmau. O seu obradoiro estaba formado polos seus discípulos e tamén por membros da familia Vergós con quen mantivo unha estreita relación persoal. Unha parte importante da súa obra perdeuse en revoltas que destruíron as igrexas que contiñan e a maioría do que se conserva son paneis de retablos que estiveron desmontados.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1445 Valls (Coroa de Aragón) |
Morte | 1492 (46/47 anos) Barcelona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Pintura relixiosa |
Movemento | Catalan Gothic (en) |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
O Museo Nacional de Arte de Cataluña ten a colección máis importante de obras do artista, cunhas 25 pinturas.