política británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Jane Davidson, nada en Birmingham o 19 de marzo de 1957, é unha política británica que foi membro do Partido Laborista na Asemblea Nacional de Gales, electa por Pontypridd como Ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda no Goberno de Gales.[1] Tamén foi a Vicepresidenta galesa da asociación Ramblers, posto do que se retirou cando foi elixida como Ministra en 2007. En 2008 anunciou que non se volvería a presentar para a reelección cara á asemblea en 2011.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1957 (67 anos) Birmingham, Reino Unido |
Minister for Environment, Sustainability and Housing (en) | |
19 de xullo de 2007 – 11 de maio de 2011 | |
Minister for Sustainability and Rural Development (en) | |
31 de maio de 2007 – 19 de xullo de 2007 | |
Member of the 3rd National Assembly for Wales (en) | |
3 de maio de 2007 – 30 de marzo de 2011 (disolución do parlamento) Lexislatura: 3rd Welsh Assembly (en) Circunscrición electoral: Pontypridd (en) Electa en: eleições legislativas no País de Gales (pt) | |
Member of the 2nd National Assembly for Wales (en) | |
1 de maio de 2003 – 28 de marzo de 2007 (disolución do parlamento) Lexislatura: 2nd Welsh Assembly (en) Circunscrición electoral: Pontypridd (en) Electa en: 2003 National Assembly for Wales election (en) | |
Minister for Education (en) | |
9 de febreiro de 2000 – 25 de maio de 2007 | |
Member of the 1st National Assembly for Wales (en) | |
6 de maio de 1999 – 2 de abril de 2003 (disolución do parlamento) Lexislatura: 1st Welsh Assembly (en) Circunscrición electoral: Pontypridd (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Birmingham (pt) Universidade do País de Gales (pt) Malvern St James (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cardiff |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Laborista |
Lingua | Lingua inglesa |
Antes do seu paso pola Asemblea de Gales, foi membro do Concello da cidade de Cardiff. Na asemblea, foi a ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda entre 2007 e 2011. Davidson foi a responsable no Goberno de Gales de facer do desenvolvemento sustentable como o seu principio central na organización. Antes de ocuparse deste ministerio foi Ministra de educación e aprendizaxe permanente. Foi a encargada de introducir o novo curso de inicio entre as idades de 3 a 7 anos, o bacharelato galés e a materia de educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global.[3]
En 2011, despois da súa carreira como ministra mudouse ao oeste de Gales, Davidson tomou o mando do Instituto Galés para a Sostibilidade como directora, situado na University Trinity St. David, onde se tenta introducir o concepto de sostibilidade na experiencia de cada estudante desde 2013.[3]
Davidson foi a terceira persoa ambientalista máis influente no Reino Unido para The Independient on Sunday en 2009, e foi o número un e dous na Resource magazine en 2009 e 2010 polo seu traballo en residuos.[4][5] Davidson foi recoñecida coa bolsa honorífica do Chartered Institute of Waste (CIW), e é membro do consello de Embaixadores Globais do World Wildlife Fund no Reino Unido.[6] Formou parte do xurado nos Green Awards en 2011 e é membro do equipo Telegraph's summit escribindo sobre economía verde na carreira cara a Río+20.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.