presidente dos Estados Unidos de América de 1809 a 1817 From Wikipedia, the free encyclopedia
James Madison, nado en Port Conway (Virxinia) o 16 de marzo de 1751 e finado en Montpelier o 28 de xuño de 1836, foi un avogado e político norteamericano. Pai fundador da Constitución dos Estados Unidos e cuarto presidente dos Estados Unidos, entre 1809 e 1817, é alcumado "O Pai da Constitución".
Entre 1787 e 1788 Madison escribiu xunto con Alexander Hamilton e John Jay unha serie de ensaios publicados en distintos xornais do estado de Nova York chamados The Federalists Papers que axudaron á ratificación da Lei Fundamental e están considerados, aínda hoxe en día, entre os escritos máis importantes para a interpretación constitucional. De feito, Madison foi o autor máis prolífico dos tres e escribiu os dous capítulos máis importantes da serie, Federalist No. 10 e Federalista No. 51.
Como representante do Congreso traballou co presidente George Washington nas tarefas de formar o primeiro goberno dos Estados Unidos. Ademais, creou xunto con Thomas Jefferson o primeiro Partido Republicano (posteriormente coñecido como Partido Demócrata-Republicano) que se opoñía ás teses defendidas polo Partido Federalista.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Madison |
Predecesor: Thomas Jefferson |
Presidente dos Estados Unidos de América 1809 - 1817 |
Sucesor: James Monroe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.