From Wikipedia, the free encyclopedia
James Dwight Dana, nado o 12 de febreiro de 1813 en Utica (Nova York) e finado o 14 de abril de 1895 en New Haven (Connecticut), foi un xeólogo, mineraloxista, zoólogo e botánico estadounidense, que fixo moi importantes achegas sobre a formación das montañas, a actividade volcánica e a estrutura dos continentes e dos océanos.
Naceu en Utica (estado de Nova York) e desde moi novo mostrou un grande interese polas ciencias. Entrou en 1830 no Yale College para estudar con Benjamin Silliman. Logo da súa diplomatura en 1833, e durante 2 anos, foi profesor de matemáticas para os aspirantes á Mariña. Naquela época parte para o mar (ao Mediterráneo), durante o seu servizo militar.
En 1836 e 1837 foi axudante de Silliman no Laboratorio de Química de Yale, para traballar despois como mineraloxista e xeólogo durante 4 anos nunha misión de exploración commandada polos Estados Unidos no océano Pacífico e dirixida por Charles Wilkes. Ao seu retorno en 1842 a redacción dos seus informes desta expedición ocúpanlle parcialmente o seu tempo durante 13 anos.
En 1844 establécese en New Haven (Connecticut) e casa coa filla do profesor Silliman. En 1850, co retiro deste, fíxose cargo como profesor de historia natural e xeoloxía no Yale College, posición que ocupa até 1892.
Desde 1846 reinicia o American Journal of Science and Arts do que é autor regular, principalmente no dominio da xeología e a mineraloxía. Foi editor xefe da revista nos seus últimos anos.
Na súa honra, en 1866, déuselle o seu nome ao mineral danalita.
Unha lista bibliográfica mostra que publicou 214 libros e artigos, debutando en 1835 cun artigo sobre as condicións do Vesuvio. Os seus informes sobre os zoófitos, a xeoloxía do Pacífico e dos crustáceos resumen os seus traballos na expedición de Wilkes.
En 1887 revisita as illas hawaianas e publicou as súas investigacións en 1890 Characteristics of Volcanoes, 399 pp. (Reeditada por Books LLC, 200 pp. 2009. ISBN 0-217-45712-6).
Foi nomeado membro estranxeiro da Royal Society en 1884.
Foi premiado coa medalla Copley en 1877.
A Geological Society of London galardoouno coa medalla Wollaston en 1874.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Dwight Dana |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: James Dwight Dana |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.