futbolista camerunés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacques Celestin Songo'o, nado en Sakbayenne (Pouma, Rexión do Litoral, Camerún) o 17 de marzo de 1964, é un exfutbolista camerunés. Xogaba de porteiro e estivo vinculado maiormente ao Deportivo da Coruña.
Nacido en Sackbayémé, comezou a xogar ao fútbol na canteira do Canon de Yaoundé, un dos clubs máis importantes do Camerún e do continente africano. Xa co primeiro equipo, conquistou a liga camerunesa nas tempadas 1984/85 e 1985/86, así como a Copa do Camerún 1985/86, e as súas boas actuacións levárono á selección camerunesa.
Na tempada 1989/90 foi contratado polo SC Toulon, da Division 1 de Francia, co que debutou nun empate 1-1 ante o Metz o 24 de marzo de 1990.[1] Xogou ata 1992 no club de Toulon, onde coincidiu co seu compatriota Cyrille Makanaky e onde competiu polo posto de titular con Luc Borrelli.[2] Na campaña 1992/93 saíu cedido ao Le Mans, da Division 2, onde foi titular durante a maior parte da competición.
Ao ano seguinte foi fichado polo Metz, no que xogou durante os seguintes tres anos. Titular indiscutible, disputou 120 partidos oficiais. Na súa terceira campaña na Lorena foi o gardameta menos goleado da liga e conquistou a Copa da Liga, despois de derrotar ao Olympique de Lyon na final do Parc dos Príncipes, deténdolle a Marcelo o lanzamento decisivo na quenda de penaltis.[3]
As súas boas actuacións chamaron a atención do Deportivo da Coruña, que o contratou en xuño de 1996.[4] Na súa primeira tempada na Coruña, o equipo galego estaba a vivir un cambio de ciclo na portería, tralas marchas de Liaño e Elduayen, e contaba con outros tres gardametas (Canales, Kouba e Nuno).[5] Songo'o foi o elixido en case tódolos partidos por John Benjamin Toshack e polo seu sucesor no banco, Carlos Alberto Silva, disputando 37 partidos en liga nos que recibiu só 28 goles, gañando o Trofeo Zamora ao gardameta menos goleado do campionato, por diante de Bodo Illgner e César Sánchez.[6]
Continuou como indiscutible na portería coruñesa durante os seguintes tres anos, por diante de Kouba, Nuno, Rufai e Dani Mallo. Na tempada 1999/00 participou da conquista do primeiro e único título de liga na historia do Deportivo, contribuíndo con 36 partidos, nos que encaixou 40 goles. Foi o terceiro mellor rexistro do campionato, superado só por Martín Herrera e Juanmi.[7]
En 2001, Jacques abandonou o Deportivo para volver ao FC Metz, regresando ao club galego na tempada 2003/2004 para retirarse.
Como curiosidade, na tempada 1999/00, anotou un gol ante o Numancia, que supoñía o empate do Deportivo da Coruña, e foille anulado inxustamente por unha falta contra o porteiro que non cometeu.
Actualmente xoga co Deportivo da Coruña de Veteranos, onde conseguiu gañar a Liga e a Copa Indoor 2008.
Coa selección do Camerún gañou dúas Copas de África, aínda que sendo suplente de Alioum Boukar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.