banqueiro e numismático suízo From Wikipedia, the free encyclopedia
Jürg R. Conzett, nado en Zürich en 1947, é un banqueiro e numismático suízo, fundador e director do Museo do Diñeiro de Zürich.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Zürich. Universidade Stanford. |
Q89547790 | Fundador do Museo do Diñeiro de Zürich. |
Actividade | |
Campo de traballo | Banca, investimentos e numismática |
Premios | |
2003: Premio Otto Paul Wenger. |
É neto da sindicalista e activista polo voto feminino Verena Conzett-Knecht (1861-1947).
Jürg Conzett estudou Historia e Psicoloxía na Universidade de Zürich, na que se doutorou en 1972. Posteriormewnte ingresou na Escola de Administración da Universidade Stanford, California, onde acadou o seu mestrado (MBA) en 1976.[1]
Entre 1976 e 1980 traballou como analista financeiro do City Bank en Nova York e en Toquio, e de 1982 a 1986 formou parte da dirección da Dow Banking Corporation, de Zürich, ocupándose da política de xestión de investimentos deste banco. Posteriormente, no Banco Central de Zürich, filial da UBS, foi o director de análise financeira e de política de investimentos, entre 1986 e 1990. A partir deste último ano, Conzett pasou a traballar como independente na xestión de investimentos.[1][2]
Á parte do seu labor como financeiro, desde 1999 ocúpase tamén da editorial Conzett Verlag e da undación Sunflower, que alberga á súa vez o Museo do Diñeiro, constituído sobre a base da súa propia colección de moedas.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.