From Wikipedia, the free encyclopedia
Italo Balbo, nado en Quartesana en 1896 e finado en Tobruk en 1940, foi un piloto e político italiano.
Durante a primeira guerra mundial serviu nas tropas alpinas, chegando ao rango de capitán, logo da guerra estudou en ciencias sociais en Florencia, ao remate volta á súa cidade para traballar como empregado de banca.
Únese ao fascismo e convértese no secretario da sección local, organiza a súa propia escuadra de fascistas co nome de Celibano co que creba folgas por orde dos terratenentes locais e ataca a comunistas e socialistas en Portomaggiore, Rávena, Modena e Boloña.
En 1922, na época da marcha sobre Roma, era un dos principais xefes fascistas, en 1923 acusado da morte de Giuseppe Minzoni, crego antifascista, en Agrenta, Balbo establécese en Roma onde se converte en comandante en xefe das milicias fascistas e subsecretario de economía en 1925.
En 1926 convértese en secretario de estado de aviación, logo dun curso acelerado de aviación comeza a formar a Regia Aeronautica, as forzas aéreas italianas. Dende o 19 de agosto de 1928 é o mariscal da forza aérea e dende o 12 de setembro de 1929 ministro do aire, con 33 anos era o ministro europeo máis novo.
Balbo comandou dous voos transatlánticos, ao Brasil en 1930 e aos Estados Unidos en 1933. Gobernador Xeral de Libia dende 1934, onde tratou de atraer aos musulmáns á causa fascista e de impulsar o establecemento de colonos italianos.
Despois da invasión alemá de Polonia, Balbo trasladouse a Roma para manifestar o seu desagrado polo apoio de Mussolini a Hitler, el consideraba que Italia debía estar no mesmo bando que o Reino Unido.
O 28 de xuño de 1940 o avión que pilota durante un voo de vixilancia foi derrubado polo fogo antiaéreo dun cruceiro italiano, o goberno italiano afirmou que foi un accidente, pero a viúva de Balbo cría que fora un asasinato por orde de Mussolini
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.