músico senegalés From Wikipedia, the free encyclopedia
Ismaël Lô, nado en Dogondoutchi, Níxer o 30 de agosto de 1956, é un músico senegalés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1956 (68 anos) Dogondoutchi, Níxer |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, actor, compositor de cancións, cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1970 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz, Música africana, Blues e rock alternativo |
Instrumento | Guitarra, voz e Harmónica |
Selo discográfico | Barclay Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ismael-lo.com |
|
Fillo dun senegalés e unha nixeriana, pouco tempo despois do seu nacemento, a súa familia volveu ao Senegal, onde se estableceron na cidade de Rufisque, preto da capital Dacar. É un cantante e artista moi versátil que, á parte das súas habilidades como cantante, tamén toca a guitarra e a harmónica.
Nos anos 70 Lô estudou na Escola de Arte de Dacar e máis tarde uniuse ao grupo Super Diamono, abandonándoo en 1984 para empezar a súa carreira en solitario. Durante os catro anos seguintes Lô gravou cinco álbums de grande éxito.
En 1990 Lô asinou un contrato musical con Barclay e gravou en Francia o seu sexto álbum: Ismael Lo. Grazas ao éxito do seu sinxelo "Tajabone", o disco tornouse nun hit nas listas europeas..
Iso foi gravado e publicado en 1994 e tamén se converteu nun éxito. O disco contén melodías de guitarra e música tradicional senegalesa como o mbalax. Ao ano seguinte Lô estivo de xira por África. O álbum recompilatorio Jammu Africa publicouse en 1996. A canción "Without Blame" é un dueto con Marianne Faithfull.
A canción "Tajabone" incluíuse na banda sonora da película Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar.
En 2002 concedéuselle o título de Cabaleiro Lexión de Honra.
O seu último álbum Sénégal, gravouse en Dacar, París e Londres. Lô di del: "Dándolle a este álbum o título de Sénégal foi a miña forma de pagar tributo ao meu país, en recoñecemento por todos os regalos que me deu".[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.