física e química francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha física[1][2] e química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.
Filla de Marie Curie e Pierre Curie (ambos tamén premios Nobel), estudou na Sorbona. Tivo que interromper os seus estudos pola primeira guerra mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutoramento en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.
No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radioactividade natural e artificial, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.
Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.
Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena, e un fillo, Pierre.
Morreu en 1956 a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.