Irena Szewińska
From Wikipedia, the free encyclopedia
Irena Szewińska (de solteira Kirszenstein), nada en Leningrado (Unión Soviética) o 24 de maio de 1946 e finada en Varsovia o 19 de xuño de 2018,[1] foi unha atleta polaca especializada en probas de velocidad e salto de lonxitude. Participou en cinco Xogos Olímpicos (1964, 1968, 1972, 1976 e 1980) e gañou sete medallas, tres delas de ouro, en cinco probas diferentes.[2][3][4][5][6][7] Bateu varias plusmarcas mundiais,[8] sendo a única persoa que foi plusmarquista de 100, 200 e 400 metros.[9] Foi a primeira muller que baixou dos 50 segundos na proba dos 400 m e foi coñecida como a "raíña do sprint".[10][11]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar