From Wikipedia, the free encyclopedia
Iolanda de Brienne, nada en 1211 e finada en Andria o 25 de abril de 1228, tamén coñecida como Isabela II de Xerusalén, foi unha princesa de orixe francesa que se converteu en raíña de Xerusalén. Sucedeu á súa nai, María de Montferrato, cando esta morreu ao pouco tempo de nacer Iolanda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1212 Acre, Israel |
Morte | 5 de maio de 1228 (16 anos) Andria, Italia (pt) |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Lugar de sepultura | Catedral de Andria (pt) |
Raíña de Xerusalén | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1225–1228) Consorte de Sicilia (1225–1228) Raíña de Xerusalén (1212–1228) |
Familia | House of Brienne (en) |
Cónxuxe | Frederico II Hohenstaufen (1225, 1225–1228) |
Fillos | Conrado IV da Germânia |
Pais | Xoán de Brienne e Maria de Jerusalém |
Irmáns | John II of Brienne Luís de Brienne Afonso de Brienne María de Brienne |
Cronoloxía | |
agosto de 1225 | coroación (Tiro) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Iolanda foi a filla única de María de Montferrato, raíña de Xerusalén, e de Xoán de Brienne.[1] A súa nai, María, era a filla da raíña Isabel de Xerusalén do seu segundo marido Conrado I, e herdeira, á morte da súa nai, do reino de Xerusalén. María morreu pouco despois do nacemento de Iolanda, posiblemente por febre puerperal.[2] Por mor disto, Iolanda foi proclamada raíña de Xerusalén cando só tiña uns días de idade. Debido a que o seu pai Xoán non tiña unha pretensión directa ao trono, el gobernou como rexente ata o seu matrimonio.
Iolanda casou con Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, o 9 de novembro de 1225, quen se implicou na Quinta Cruzada, enviando tropas desde Alemaña, pero non conseguiu acompañar ao exército directamente, malia que o incitaban a iso os papas Honorio III e máis tarde Gregorio IX, pois necesitaba consolidar a súa posición en Alemaña e Italia antes de embarcarse nunha cruzada. Con todo, Frederico de novo prometeu ir á cruzada logo da súa coroación como Sacro emperador Romano en 1220 por Honorio III.
Durante unha reunión entre Xoán de Brienne, o papa Honorio III e Frederico II na cidade de Ferentino en 1223, o destino de Iolanda quedou decidido: Frederico aceptou finalmente ir á cruzada, pero só como rei lexítimo de Xerusalén, e isto só era posible se casaba coa raíña Iolanda. Para entón Frederico era viúvo.[3] Este foi un plan do papa, quen esperaba que con este enlace comprometería firmemente ao emperador na quinta cruzada. O compromiso quedou confirmado, pero o emperador aínda atrasou a súa partida ata agosto de 1225, cando el e Iolanda quedaron casados por poderes na cidade Acre. Días despois, Iolanda foi coroada como raíña de Xerusalén.
A raíña agora coroada foi enviada a Italia e casou en persoa con Frederico II na catedral de Brindisi,[4] o 9 de novembro de 1225. Na cerimonia, proclamouse como rei Frederico de Xerusalén. Inmediatamente Frederico II procurou que o seu sogro, Xoán de Brienne, ata entón rexente, fose desposuído do cargo e os seus dereitos transferidos a el. Malia o seu novo cargo como rei de Xerusalén, Frederico II seguiu tomándose o seu tempo para poñerse en marcha, e en 1227, foi excomungado polo papa Gregorio IX por non cumprir con honor o seu voto de cruzado.
Despois da voda, Iolanda foi recluída polo seu esposo. Pasou o seu tempo no harén de Frederico en Palermo.[4] En novembro de 1226 deu a luz ao seu primeiro fillo, unha nena, á que algunhas fontes chaman Margarita, que morreu en agosto de 1227.
Frederico finalmente partiu de Brindisi o 8 de setembro de 1227 cara a Xerusalén pero enfermou en Otranto, onde Luís IV, landgrave de Turinxia, fora levado a terra. Frederico pospuxo a viaxe mentres se recuperaba. Mentres tanto, Iolanda morreu logo de dar a luz ao seu segundo fillo, un neno, Conrado, en Andria, Bari, o 25 de abril de 1228.[4] Foi enterrada na catedral de Andria. Frederico finalmente embarcou para Xerusalén o 28 de xuño.
Frederico II reclamou o reino de Xerusalén á morte da súa esposa. Aínda que coroouse a si mesmo como rei de Xerusalén na Igrexa do Santo Sepulcro o 18 de marzo de 1229, gobernou como rexente en nome do seu fillo, establecendo unha tregua cos musulmáns en 1229 durante a Sexta Cruzada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.