From Wikipedia, the free encyclopedia
Iolanda Díaz Gallego, nada en Sarria en 1934, é unha activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega no Uruguai e Cataluña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 (89/90 anos) Sarria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Logo de estudar na Coruña Peritaxe Mercantil, rematando en 1952, ó ano seguinte trasladouse coa súa nai e irmáns a Montevideo, onde comezou a traballar no Banco de Galicia do que foi secretaria xeral. Na capital uruguaia mantivo unha estreita relación co colectivo de emigrantes e exiliados, colaborou na publicación da Historia de Galicia de Ramón Otero Pedrayo e participou na emisión radial Sempre en Galicia durante 20 anos. Foi unha das fundadoras do Teatro Popular Galego de Montevideo e do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1976 estabeleceuse coa súa familia en Barcelona. Alí participou na creación da Asociación O Penedo e colaborou entre 1973 e 1981 no programa A Nosa Galicia de Radio Miramar e na Radio Galega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.