From Wikipedia, the free encyclopedia
A Invasión turca de Chipre[1] (en turco: Kıbrıs Harekâtı e en grego: Τουρκική εισβολή στην Κύπρο) foi unha invasión militar turca da illa de Chipre. Comezou o 20 de xullo de 1974, despois do golpe de estado chipriota do 15 de xullo de 1974.
O golpe militar foi ordenado pola Xunta militar de Grecia e levado a cabo pola Garda Nacional de Chipre[2][3] xunto co EOKA-B. Depuxo ó presidente chipriota, o arcebispo Makarios III e puxo no poder a Nikos Sampson, a prol da Enosis.[4][5] O obxectivo do golpe era a anexión da illa a Grecia[6][7][8] e foi declarada a República Helénica de Chipre.[9][10]
En xullo de 1974, as forzas turcas invadiron a illa e capturaron o 3% da illa antes de que fose declarado o cesamento do fogo. A xunta militar grega colapsou e foi substituída por un goberno democrático. En agosto de 1974, a invasión turca supuxo a captura de arredor do 40% da illa. A liña do cesamento do fogo a partir de agosto de 1974 converteuse na Liña Verde.
Máis dunha cuarta parte da poboación de Chipre (un terzo da poboación gregochipriota[11]) foi expulsada da parte da illa, onde os gregochipriotas constituían o 80% da poboación. Pouco máis dun ano despois, en 1975, arredor de 60 000 turcochipriotas, a metade da poboación turcochipriota da illa,[11] foron desprazados dende o sur cara ao norte.[12] A invasión turca rematou coa división de Chipre a partir da Liña Verde das Nacións Unidas, que aínda divide Chipre, e a formación dunha Administración Turcochipriota Autónoma de facto no norte. En 1983, a República Turca do Norte de Chipre declarou a independencia, malia que Turquía é o único país que a recoñece.[13] A comunidade internacional considera a República Turca do Norte como un territorio militarmente ocupado por Turquía na República de Chipre.[14] A ocupación está considerada como ilegal pola lei internacional, o cal é equivalente á ocupación ilegal de territorio da Unión Europea dende que Chipre se converteu en membro.[15]
O nome en clave da invasión das Forzas Armadas de Turquía foi Operación Atila. Entre os turcofalantes a operación tamén é coñecida como "Operación de Paz en Turquía" (en Kıbrıs Barış Harekâtı) ou "Operación de Paz" (en Barış Harekâtı) ou "Operación de Chipre" (en Kıbrıs Harekâtı), xa que Turquía tomou medidas militares co pretexto dunha operación de mantemento da paz.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.