Intrón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un intrón[1] é unha secuencia de nucleótidos dentro dun xene que se elimina durante o splicing do ARN e non está presente no ARN maduro.[2][3] O termo intrón pode referirse tanto a unha secuencia no ADN dun xene coma á secuencia correspondente nos transcritos de ARN.[4] As secuencias que se unen durante o splicing e forman parte do ARN maduro chámanse exóns. Os intróns atópanse nos xenes da maioría dos organisms e en moitos virus, e están presentes nunha ampla gama de xenes, entre os que están os que xeran proteínas, ARN ribosómico, e ARN transferente. Cando as proteínas se xeran a partir de xenes que conteñen intróns, o splicing do ARN ten lugar como unha parte do procesamento do ARN posterior á súa transcrición e anterior á súa tradución. Poden atoparse intróns nos tres tipos de ARN eucarióticos e nos ARNr e ARNt procarióticos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Gene-gl.png/320px-Gene-gl.png)
O número e lonxitude dos intróns varía enormemente entre especies, así como entre os xenes dunha mesma especie. Por exemplo, o peixe globo, Takifugu rubripes, ten poucos intróns no seu xenoma; mentres que os mamíferos e as anxiospermas (plantas con flores) adoitan presentar numerosos intróns.