Intifada de Al-Aqsa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Intifada Al-Aqsa, ou Segunda Intifada, foi a vaga de violencia que se iniciou a partir do 29 de setembro de 2000 nos territorios palestinos e Israel, rematou a redor de 2005.
O número de mortos, tantos militares como civís, estímase ao redor de 3000 palestinos e 1000 israelís, así como 64 estranxeiros.[1][2] Cifras de B'Tselem indican que ata o 30 de abril de 2008, o 35.2% dos palestinos asasinados participaran no conflito[3] e o 46.4% "non participaran no conflito",[4] e do 18.5% restante descoñécese se participaran ou non no conflito.[4] Con respecto ás baixas israelís, B'Tselem informa de que o 31.7% era persoal de seguridade e o 68.3% eran civís.[4] Un estudo de 2005 levado a cabo polo Instituto Internacional para a Loita contra o Terrorismo israelí concluia que as mortes palestinas eran principalmente de combatentes e non de civís.[5] Ata o 2005, o ICT situou as baixas militares no 22% e as civís no 78%.[6] A Primeira Intifada durou dende decembro de 1987 ata 1993.