![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Interpol_Concert_in_Las_Vegas%252C_September_19%252C_2005-4.jpg/640px-Interpol_Concert_in_Las_Vegas%252C_September_19%252C_2005-4.jpg&w=640&q=50)
Interpol (grupo musical)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Interpol é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Manhattan, Nova York.[1][2] Fundada no ano 1997, orixinalmente estaba composta por Paul Banks (voz, guitarra), Carlos Dengler (baixo, teclados), Greg Drudy (batería, percusión) e Daniel Kessler (voz, guitarra). Drudy deixou a banda no ano 2000 e foi substituído por Sam Fogarino. No 2010, pouco despois de gravar o seu cuarto álbum, Interpol, Dengler abandonou o grupo para dedicarse a proxectos persoais, con Banks facendose tamén cargo das tarefas de baixista en vez de contratar un novo.
![]() | |
---|---|
![]() Interpol en concerto | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos ![]() |
Período | 1998 - presente |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Matador, Capitol Records, Parlophone Records |
Membros | Paul Banks Sam Fogarino Daniel Kessler |
Antigos membros | Greg Drudy Carlos Dengler |
Na rede | |
http://www.interpolny.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tras ter tocado por vez primeira no Luna Lounge xunto con bandas como The Strokes, Longwave, The National, e Stellastarr, Interpol é un dos grupos asociados coa escena indie de Nova York é unha das varias bandas que emerxeron do post-punk revival dos 2000.[3] O son de Interpol é polo xeral unha mestura de baixo entrecortado e guitarra rítmica e harmonizada cunha mestura pesada de caixa, sendo comparado ao de bandas de post-punk como Joy Division, Television, e The Chameleons.[4] O grupo ten ten un compositor principal, colaborando todos os membros na escritura dos temas.[5]
O álbum de estrea de Interpol, Turn On the Bright Lights (2002), foi aclamado pola crítica, chegando ao número 10 da lista dos mellores álbums do ano segundo NME[6] e ao 1 na lista de Pitchfork Media dos 50 mellores discos do ano.[7] Os seguintes discos Antics (2004) e Our Love to Admire (2007) conseguiron un maior éxito de crítica e comercial. A banda publicou o seu cuarto álbum, Interpol, en setembro de 2010, e despois entrou en hiato mentres os seus membros se centraban noutros proxectos.[8] O seu quinto álbum de estudio, El Pintor, publicouse en setembro de 2014. A banda iniciu unha xira de aniversario de Turn On the Bright Lights en 2017, interpretando a totalidade do disco. O seu sexto álbum de estudio, Marauder, publicouse en agosto de 2018.