From Wikipedia, the free encyclopedia
O Intel 4004 (i4004) é un microprocesador de 4 bits deseñado por Intel, que foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 1971.
O i4004 foi lanzado nun paquete de 16 pines CERDIP o 15 de novembro de 1971. O 4004 foi o primeiro procesador de computadora deseñado e fabricado polo fabricante de chips Intel, quen previamente facía semicondutores de chips de memoria. Os principais deseñadores do chip foron Marcian Hoff (arquitectura 1969) e Federico Faggin (deseño 1970-1971) de Intel e Masatoshi Shima de Busicom (posteriormente de ZiLOG, a empresa fundada por Faggin e Ralph Ungermann, exclusivamente dedicada aos microprocesadores).
Orixinalmente deseñado para a compañía xaponesa Busicom para ser usado na súa liña de calculadoras, o 4004 tamén foi proporcionado cunha familia de chips de soporte especialmente deseñados para el. Por exemplo, cada "ROM de programa" internamente gardaba para o seu propio uso os 12 bits de dirección de programa do 4004, o que permitía, se as 16 ROM foron instaladas, acceso de 4 KB de memoria desde o bus de direccións de 4 bits. O circuíto 4004 foi construído con 2.300 transistores, e foi seguido ao ano seguinte polo primeiro microprocesador de 8 bits, o 8008, que contiña 3.300 transistores, e o 4040, que era unha versión revisada do 4004.
O deseño do i4004 era moi eficaz para ser empregado en calculadoras e dispositivos de control. Existen ata uns poucos vellos sistemas de control de semáforos en uso construídos co i4004.
O Intel 4004 é un os chips coleccionables/antigos máis cobizados do mundo. No 2004, cada un deses chips alcanzaron ao redor de 400 dólares estadounidenses en eBay.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.