From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial | |
---|---|
Acrónimo | INTA |
Tipo | centro de investigación e Organismos Públicos de Investigación |
Campo de traballo | space program of Spain e Aeronáutica |
Data de fundación | 1942 |
Nº de empregados | 1.493 (2020) |
Organización matriz | Secretariat of State of Defence of Spain |
Organización subsidiaria | Centro de Astrobiología, El Arenosillo, Instituto Tecnológico «La Marañosa», General Marvá laboratory, Maspalomas Station e Madrid Deep Space Communication Complex |
Sede | Torrejón de Ardoz e Moguer |
País | España |
40°29′32″N 3°28′37″O | |
Na rede | |
http://www.inta.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A actividade científico-técnica do Instituto articúlase en torno a un centenar de proxectos de investigación, dos cales unha terceira parte se renova anualmente. Máis da metade dos recursos económicos do INTA (aproximadamente o 60%) destínase á realización de actividades de desenvolvemento tecnolóxico, unha terceira parte a investigacións aplicadas, e o resto a accións de investigación básica.
As áreas tecnolóxicas fundamentais desenvolvidas polo INTA están relacionadas coa tecnoloxía aeronáutica (40%) e a tecnoloxía espacial (46%), repartíndose o resto entre diferentes tecnoloxías dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente, a automoción e a seguridade no transporte, aos que, en conxunto, se destina o 14% do orzamento.
Entre os seus programas de alta tecnoloxía conta:
O INTA proporciona asesoramento técnico e presta servizos a organismos públicos e empresas industriais e tecnolóxicas. Os ingresos procedentes destas actividades financian a quinta parte do orzamento do Instituto.
Destes ingresos, a terceira parte provén dos contratos con entidades estranxeiras, maioritariamente europeas, primordialmente a Axencia Espacial Europea. O resto dos ingresos proceden dos traballos realizados á industria española, aproximadamente outra terceira parte, e a outros organismos da AGE, principalmente ao Ministerio de Defensa.
O cadro de persoal do INTA está formado por máis de 1.200 persoas, das cales aproximadamente un millar se dedica a actividades de I+D. Máis do 40% do persoal do Instituto ten acreditada algunha titulación universitaria.
Ademais, o Instituto leva a cabo un intenso labor de formación de técnicos e científicos, tanto do seu propio persoal coma de bolseiros, nunha cantidade que supera o centenar, a maioría titulados superiores e, aproximadamente, a metade doutores.
Co obxecto de flexibilizar a súa actividade no campo industrial, o INTA ten a propiedade total da compañía INSA, que proporciona servizos técnicos especializados en campos da máis alta tecnoloxía, desenvolvendo actividades relacionadas coa enxeñería aeronáutica e espacial.
Ademais, como instrumento do Ministerio de Defensa, tamén participa en empresas privadas do ámbito espacial. Así, forma parte da empresa Hispasat, cun 16,42%, e das novas empresas creadas para facer posible o futuro sistema de comunicacións por satélite para a Defensa, HISDESAT e XTAR, cunhas porcentaxes respectivas do 37,6% e do 16,3%.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.