From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas (ICADE= foi unha institución desaparecida en 1978 ao integrarse na Universidade Pontificia Comillas dando lugar a dúas facultades de dita universidade, a Facultade de Dereito[1] e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais,[2] facultades ambas que foran fundadas en 1956.
Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas | |
---|---|
Acrónimo | ICADE |
Tipo | Escola de negocios, entidade desaparecida e organización católica |
Data de fundación | 1956 |
Data de disolución | 1960 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na actualidade, segundo o Manual de Identidade Corporativa, só se pode engadir o acrónimo entre parénteses a continuación do nome oficial de cada unha destas dúas facultades, en recordo ao nome da desaparecida institución.[3]
O ICADE ten a súa orixe en 1956, época na que desenvolve as súas actividades no marco do Colegio Universitario del Buen Consejo, un Seminario Técnico de Dirección de Empresas que, nun principio, limitábase á formación de posgraduados que desexaban acceder a postos directivos das empresas.
En 1960 únese ao ICAI para formaren ICADE-ICAI. Este mesmo ano inaugura o seu programa estrella E-3, exixente programa de estudos que combina as dúas licenciaturas, Ciencias Económicas e Empresariales e Dereito, converténdose así na primeira institución académica de España en ofrecer un programa conxunto deste tipo.
En 1978 ICADE-ICAI intégrase na Universidade Pontificia de Comillas. A marca ICADE anéxase a dúas facultades da universidade.
Na actualidade (2012) o seu Decano é Íñigo Navarro Mendizábal.
Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]
Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
Grao en Dereito | E-1 | 235 |
Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-3 | 354 |
Grao en Dereito s Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública | E-5 | 89 |
Máster Universitario en Dereito da Empresa | 21 | |
Máster Universitario en Investigación en Ciencias Xurídicas | 9 | |
Máster Universitario en Propiedade Intelectual | 15 | |
Máster Universitario en Tributación e en Fiscalidade Internacional | 7 | |
Máster Universitario en Asuntos Internacionais: Economía, Política e Dereito | 21 |
O Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) é un centro pertencente á Facultade de Dereito (ICADE) que se encarga da promoción, coordinación e execución de actividades universitarias dirixidas a fomentar a innovación, a facilitar a formación permanente e a fortalecer a relación da Facultade de Dereito cos colexios profesionais e outras institucións do ámbito xurídico.
Na actualidade (2012) o seu decano é Alfredo Arahuetes García.
Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]
Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-2 | 672 |
Grao en Ciencias Empresariais Internacionais | E-4 | 269 |
Máster Universitario en Administración de Empresas (MBA) | 46 | |
Máster Universitario en Finanzas | 25 | |
Máster Universitario en Investigación en Economía e Empresa | 50 | |
Máster Universitario en Mercadotecnia | 25 | |
Máster Universitario en Recursos Humanos | 23 |
O ICADE Business School é un centro docente pertencente á la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE) que se ocupa da formación de posgrao empresarial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.