From Wikipedia, the free encyclopedia
A chamada Inquisición foi un tribunal relixioso que velou pola ortodoxia da relixión católica en España e noutros países europeos. Xurdiu en 1184 na zona de Languedoc (no sur de Francia) para combater as chamadas herexías (ou sexa, as opinións teolóxicas diverxentes da doutrina oficial do catolicismo). O fin da inquisición en todo o mundo deuse no ano 1834, cando España a declarou formalmente abolida o 15 de xullo dese ano[1].
Houbo 4 inquisicións na historia, que sempre tiveron algunha relación entre si: a Inquisición Medieval, a Inquisición española, a Inquisición Portuguesa, e a Inquisición Romana.
A Inquisición medieval xurdiu en 1184 na rexión do Languedoc, co fin primeiramente de combater a herexía dos cátaros, unha seita que rexeitaba os sacramentos católicos. Despois de condenados polo 4º Concilio de Letrán en 1215 fíxose unha Cruzada contra estes, e xuízos inquisitoriais contra os sobreviventes.
O procedemento da Inquisición consistía en:
En España, a Inquisición actuou baixo o control da Monarquía de 1478 ata 1834. Foi o resultado da Reconquista Española das mans dos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns españois ao catolicismo.
O papa Paulo III estableceu en 1542 unha congregación permanente composta de cardeais, cuxa misión era manter e defender a integridade da fe e examinar e suprimir erros e falsas doutrinas. Ese grupo, chamado entón Congregación do Santo Oficio e hoxe Congregación para a Doutrina da Fe, formaba parte -e aínda o fai- da Curia Romana, e tornouse o corpo supervisor das Inquisicións locais. O papa indicaba un dos cardeais para presidir as reunións. Había normalmente outros dez cardeais na Congregación, así como un Prelado e dous asistentes, todos escollidos entre a Orde Dominicana. O Santo Oficio tamén posúe un grupo internacional de consultores, especialistas experimentados en teoloxía e dereito canónico, que aconsellan en cuestións específicas.
En 1616 os consultores deran a súa opinión sobre a afirmación de que o Sol non se movía e era o centro do Universo, e que a Terra se movía ó redor do sol, dicindo que era "tola e absurda filosoficamente", e a primeira era "formalmente herética", mentres a segunda era "ao menos un erro de fe" en teoloxía. Iso puxo o libro De Revolutionibus Orbium Coelestium de Nicolás Copérnico no Index Librorium Prohibitorium (Índice dos Libros Prohibidos) ata que se corrixiu. Os mesmos consultores xulgaron a Galileo Galilei en 1633 cando este tamén afirmou que a Terra xiraba ó redor do Sol. Galileo foi condenado por "grave sospeita de herexía" e todos os seus traballos foron prohibidos.
Non todos os procesos de alegados herexes, ateos ou outros desvíos da fe católica foron xulgados pola Inquisición. Nalgúns países, como a Francia baixo o Antigo Réxime, os ateos podían ser procesados por tribunais civís, coa posíbel aplicación da pena de morte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.