Inositol trisfosfato
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O inositol trisfosfato ou inositol trifosfato ou inositol 1,4,5-trisfosfato (tamén chamado trifosfoinositol e abreviado como InsP3, Ins3P, IP3 ou IP3), é unha molécula que funciona (xunto co diacilglicerol ou DAG), como segundo mensaxeiro, que se utiliza nas células para a transdución de sinais e sinalización lipídica. Mentres que o DAG permanece nas membranas, o IP3 é soluble e difunde pola célula. Prodúcese por hidrólise do fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PIP2), que é un fosfolípido que está localizado na membrana plasmática, en reacción catalizada pola fosfolipase C (PLC).
1D-mio-inositol 1,4,5-trisfosfato | |
---|---|
![]() O trianión inositol trisfosfato | |
(1R,2R,3S,4R,5R,6S)-3,5,6-Trihidroxi-1,2,4-ciclohexanetriil tris[dihidroxeno (fosfato)] | |
Outros nomes IP3; trifosfoinositol; Inositol 1,4,5-trisfosfato | |
Identificadores | |
PubChem | 439456 |
ChemSpider | 388562 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H15O15P3 |
Masa molecular | 420,096 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |