![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Immunohistochemistry.png/640px-Immunohistochemistry.png&w=640&q=50)
Inmunocitoquímica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A inmunocitoquímica (abreviada ICQ, e en inglés ICC) é unha técnica de laboratorio común que se usa para visualizar anatomicamente a localización dunha proteína específica ou molécula de antíxeno nas células por medio do uso dun anticorpo primario específico que se une a ela. O anticorpo primario permite a visualización da proteína baixo un microscopio de fluorescencia cando este está unido a un anticorpo secundario que ten un fluoróforo conxugado. A inmunocitoquímica permite avaliar se unha célula dunha determinada mostra expresa ou non o antíxeno[1] en cuestión. Nos casos nos que se atopa un sinal inmunopositivo, a inmunocitoquímica permite determinar en que compartimentos subcelulares se está expresando o antíxeno.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Immunohistochemistry.png/640px-Immunohistochemistry.png)