From Wikipedia, the free encyclopedia
A informática biomédica (tamén chamada informática da saúde, informática do coidado da saúde, informática de asistencia en enfermaría, ou informática clínica) é a aplicación da informática no coidado da saúde.
É un campo científico multidisciplinar que utiliza a tecnoloxía da información na saúde para mellorar esta mediante combinacións de mellor calidade, maior eficiencia (diminuíndo custos e mellorando a dispoñibilidade) e novas oportunidades.
As disciplinas involucradas inclúen as ciencias da información, ciencias computacionais, ciencias sociais, ciencias do comportamento e ciencias administrativas, entre outras.
Relaciónase cos recursos, dispositivos e métodos requiridos para optimizar a adquisición, almacenamento, recuperación e uso de información en saúde e biomedicina. As ferramentas de información da saúde abarcan, entre outras, as computadoras, guías de práctica clínica, terminoloxía médica formal e sistemas de información e comunicación.[1]
Aplícase nas áreas de enfermaría, coidado clínico, odontoloxía, farmacia, saúde pública, terapia ocupacional, fisioterapia e investigación (bio)médica e en medicina alternativa.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.