IndiGo
From Wikipedia, the free encyclopedia
IndiGo é unha aeroliña de baixo custo india con sede en Gurgaon, no estado de Haryana. É a aeroliña máis grande do país en número de pasaxeiros transportados e tamaño de frota, co 40,9% do mercado doméstico en maio de 2018.[1] Tamén é a aeroliña low-cost individual máis grande de Asia en termos de frota de reactores e pasaxeiros, e a sétima aeroliña máis grande do continente cuns 46 millóns de pasaxeiros transportados en 2017. A compañía voa a 51 destinos, tanto domésticos como internacionais. Ten o seu centro de conexións principal no aeroporto Indira Gandhi de Delhi.[2]
IndiGo | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA 6E | OACI IGO | Indicativo IFLY |
Fundación | 2006 | |
Inicio das operacións | 4 de agosto de 2006 | |
Frota | 169 | |
Destinos | 51 | |
Holding | Interglobe Aviation Ltd | |
Páxina web: https://www.goindigo.in |
A aeroliña fundouse en 2006 como unha compañía privada por Rahul Bhatia, de InterGlobe Enterprises, e Rakesh Gangwal, un expatriado indio baseado nos Estados Unidos. Recibiu o seu primeiro avión en xullo dese anos e comezou a operar un mes despois. A aeroliña converteuse na maior do país no ano 2012 e volveuse pública en novembro de 2015.[3]