From Wikipedia, the free encyclopedia
Incendiario é o termo habitualmente empregado para se referir á persoa que deliberadamente provoca un incendio. A diferenza do pirómano, o incendiario actúa con premeditación e planificación, ben por afán de lucro ou simplemente por intención de causar dano a terceiros. A piromanía, porén, é considerada como unha doenza mental encaixada no grupo de trastornos denominado trastornos do control dos impulsos.[1] O individuo pirómano padece unha sensación de ansiedade e malestar previa ao impulso pirómano, que só calma coa acción de provocar, observar ou ter coñecemento da provocación de lume.
Mentres que o termo pirómano refírese a unha patoloxía, o termo incendiario non diferenza os motivos polo que se provoca o lume, sendo unha definición máis ampla que engloba aos primeiros.
A conduta incendiaria característicamente adoita ser máis frecuente en homes que en mulleres, a razón de 4 a 1. A idade típica abrangue a idade media da vida.[2]
Os incendiarios válense de diversas ferramentas para prender o lume, que van desde as diferentes bombas ou preparacións caseiras (un exemplo sería o cóctel molotov) até armas máis complexas como son os lanzachamas, os proxectís, os explosivos, os foguetes, as granadas, as minas e numerosas substancias químicas. Ás veces, as preparacións levan engadidos certos aceites a fin de facilitar a explosión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.