Improvisación
From Wikipedia, the free encyclopedia
A improvisación consiste en concibir e executar calquera acción de forma simultánea e á súa vez, de manter unha conversación sen unhas directrices previas, como un guión, aínda que poida estar carente dunha intención artística.[2]
De forma semántica, improvisar significa realizar algo sen telo preparado con anterioridade.[3] Con todo, pode ocorrer que sexa necesaria unha preparación previa para poder improvisar, aínda que outros autores renegan desta idea. Así, un músico pode necesitar ter un certo dominio técnico e musical para improvisar unha obra musical nun piano; pero non deixa de ser certo que unha persoa que non toque xamais ese instrumento pode premer as teclas como lle pareza e producir así unha composición artística.[4][5]
Son os valores estéticos ou comunicativos de cada individuo o que determinará a calidade artística do resultado. Seguindo co exemplo, non é equiparable a improvisación dunha persoa que non está iniciada na música, cuxo obxectivo pode ser a mera experimentación, coa improvisación dun músico profesional, que busca un valor engadido co que agradar á súa audiencia.[6]