Imperio colonial alemán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio colonial alemán (en alemán Deutsches Kolonialreich) é o nome que recibe o conxunto constituído por as colonias de ultramar, as dependencias e os territorios da Alemaña imperial, e os intentos de colonización de curta duración por parte de estados alemáns individuais que ocorreron nos séculos anteriores.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Deutsches Kolonialreich (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Berlín | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1884 | ||||
Disolución | 1920 | ||||
Segundo o artigo 1 da Constitución do Reich alemán, non formaban parte do territorio do Reich, senón que eran posesións no estranxeiro.
Cómpre non confundilos cos asentamentos que cidadáns alemáns emigrados fundaron no estranxeiro, que ás veces son denominados "colonias alemás", pero que non exercían dereitos soberáns do país de orixe.
Os esforzos coloniais importantes só comezaron en 1884 co repartimento de África. Alemaña reclamou gran parte das colonias que aínda non se reclamaran na división dese continente, e logrou construír nese momento o terceiro imperio colonial máis grande, despois do Imperio británico e o Imperio colonial francés.[1] E en termos de poboación, foi o cuarto imperio colonial, despois dos tres citados e o neerlandés.[2]
Alemaña perdeu o control das súas colonias cando comezou a Primeira Guerra Mundial en 1914 e a maioría das súas posesións foron conquistadas polos seus inemigos nas primeiras semanas da guerra. Porén, algunhas unidades militares resistiron un pouco máis: a África do Suroeste alemá rendeuse en 1915, Kamerun en 1916 e a África Oriental alemá (que compendía os actuais estados de Burundi e Ruanda, e Tanganica, a parte continental de Tanzania), só en 1918, ao final da guerra.
O imperio colonial de Alemaña foi oficialmente confiscado no Tratado de Versalles de 1919 despois da derrota de Alemaña na guerra, e as súas distintas posesións convertéronse en mandatos da Sociedade de Nacións baixo a supervisión (pero non a súa propiedade) das potencias vitoriosas: Francia, Gran Bretaña, Bélxica, Unión Surafricana, Xapón, Australia, Nova Zelandia e Portugal.
Este «modesto» imperio colonial controlaba colonias en África, Asia e Oceanía. O período de colonización alemá foi moi curto. Tanto que Kössler Reinhart, un experto en socioloxía política e en historia de África, chegou a falar dunha "amnesia colonial" na memoria colectiva alemá.[3]