![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Seljuk_Empire_locator_map.svg/langgl-640px-Seljuk_Empire_locator_map.svg.png&w=640&q=50)
Imperio Selxúcida
reino medieval musulmán sunnita / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grande Imperio Selxúcida[1] (en turco Selçuklular ou Büyük Selçuklu İmparatorluğu; en árabe حکومت سلجوقیان) foi un reino medieval musulmán sunnita, rexido por xentes de orixe turca con bastante influencia persa[2][3][4][5][6] Foi establecido polos Qynyq, unha facción dos turcos Oghuz[7], que chegou a controlar un vasto territorio delimitado polas montañas do Hindu Kush, Anatolia, Asia Central e o Golfo Pérsico. Orixinarios das terras do mar de Aral, os selxúcidas avanzaron primeiro sobre o Gran Khorasan e deseguido sobre Persia e Iraq, chegando a Asia Menor no século IX. Causaron estragos nas provincias bizantinas e árabes en Oriente Medio, acabando co califato abbásida e debilitando considerablemente o Imperio Bizantino.
دولت سلجوقیان (fa) ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Seljuque (pt) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Capital | Nishapur (pt) ![]() Hamadán Merv (pt) ![]() Isfahán Rey (pt) ![]() Nishapur (pt) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua persa árabe Proto-Oghuz (en) ![]() ![]() | |||
Relixión | Sunnismo e Islam ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.900.000 km² ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1037 ![]() | |||
Disolución | 1190 ![]() | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | |||
Moeda | Dinar ![]() | |||
Os turcos selxúcidas son considerados coma antepasados directos dos turcos suroccidentais, que actualmente ocupan Turquía, Acerbaixán e Turkmenistán. Desempeñaron un papel principal na historia medieval ao crear unha barreira fronte aos invasores mongois e ao defender o mundo musulmán fronte aos cruzados. Ademais a súa entrada en Anatolia despois de Manzikert supuxo un duro golpe para o Imperio Bizantino, marcando o seu destino.[8]
O Imperio Selxúcida foi fundado polo bey Toğrül (ou Tugrul) no 1037 seguindo os pasos do fundador da dinastía selxúcida: Seljuk (Seljuque ou Seljuq), de quen toman o nome o reino e a dinastía.