Ilves (fútbol)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarilla e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.
Datos rápidos FC Ilves, Fundación ...
FC Ilves | |||
---|---|---|---|
Fundación | 10 de abril de 1931 | ||
Estadio | Tammelan stadion, Tampere, Finlandia | ||
Inauguración | 1931 | ||
Capacidade | 5 050 | ||
Presidente | Kari Pansio | ||
Adestrador | Jarkko Wiss | ||
Liga | Veikkausliiga | ||
2022 | 9.º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Na rede | |||
https://ilvesedustus.fi | |||
| |||
Pechar
Datos rápidos Seccións activas do, Floorball ...
Seccións activas do Ilves | ||
---|---|---|
Floorball | Fútbol (masculino) |
Fútbol (feminino) |
Fútbol sala (masculino) |
Fútbol sala (feminino) |
Hóckey sobre xeo (feminino) |
Ringette | Hóckey sobre xeo (masculino) | Special hockey |
Parahockey |
Pechar
O Ilves gañou o campionato finlandés nunha ocasión (1983), obtendo ademais unha medalla de prata (1985) e dúas de bronce (1984 e 2017); tamén se proclamou tres veces campión da Suomen Cup (1979, 1990 e 2019). En 2019 equipo ocupaba a novena posición na clasificación histórica da liga.[1]