Iluminación (pintura)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A iluminación é un tipo de pintura decorativa aplicada ás maiúsculas dos códices medievais de pergamiños. O termo tamén se aplica ao conxunto de elementos decorativos e representacións imaxinarias executados en manuscritos[1] producidos principalmente en conventos e abadías na Idade Media. A súa elaboración foi un oficio refinado e bastante importante no contexto da arte medieval.