Illotes María
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os illotes María, ou tamén illas Hull, forman un atol deshabitado das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situado a 205 km ao noroeste de Rimatara e a 325 km ao leste de Mangaia, unha das illas Cook.
Illotes María | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Île du Nordêt |
Linguas | |
Poboación (2012) | Deshabitados |
Superficie | 1´3 km² |
Superficie lagoa | 3 km² |
Nº de illas | 4 |
Coordenadas | 21°48′S 154°42′O |
Maior Altura | |
Localización | |
É un atol pequeno formado por catro illotes (îles) cunha pouco profunda lagoa triangular, fogar de numerosas especies de aves. As catro illas son: Île du Sud, Ile Centrale, Île de l'Ouest e Île du Nordet. Dous illotes dependen da comuna de Rimatara e os outros dous de Rurutu. É a formación xeolóxica máis antiga das illas Austrais. A superficie total é de 1´3 km². Os illotes teñen unha vexetación densa, practicamente endémica.[1]
Foi descuberto polo inglés Hiram Paulding en 1827. As illas están deshabitadas agora, pero durante un tempo foron utilizadas como colonia penal.[2] Ocasionalmente colléitase Copra na illa.[3]
Os Illotes María non se deben confundir co atol María. Atol das Illas Gambier, tamén na Polinesia francesa, que ás veces se diferenciou co nome de "Atol María Leste".[4] Tamén hai outra illa unha vez coñecida como a illa Hull nas Illas Fénix, que agora se coñece como Orona.