From Wikipedia, the free encyclopedia
Illescas é un municipio de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Toledo. En 2008 tiña 19.167 habitantes, nunha superficie de 57 km², sendo a densidade para o mesmo ano de 277,7 hab/km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Illescas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.327 (2023) (549,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 57 km² | ||||
Altitude | 583 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Manuel Tofiño (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45081 | ||||
Páxina web | illescas.es | ||||
Segundo Nieto Ballester, o topónimo Illescas podería ter orixe prerromana, de aspecto celta. Segundo García Sánchez, podería derivarse do topónimo Egelesta, nomeado por Tolomeo en Geographías Hyphégesis, segunido o proceso Egelesta > Elesta > Elesca(s) > Ilescas > Iliescas > Illescas[1].
O concello está situado na comarca de La Sagra, nunha ampla chaira. Limita ao norte cos municipios de Casarrubuelos, Cubas de la Sagra, Torrejón de la Calzada e Torrejón de Velasco (da Comunidade de Madrid), ao leste con Yeles, ao sur con Numancia de la Sagra e Yuncos, e ao oeste con Cedillo del Condado, El Viso de San Juan, Carranque e Ugena.
En 1561 había 12.000 habitantes, cifra que iría diminuíndo nos séculos posteriores. A mediados do século XVIII, segundo a información que ofrece o catastro de Ensenada, Illescas converteuse nun núcleo cunha importante presenza de hidalgos e clérigos. A súa poboación en 1752 era 1.481 habitantes.
Coa chegada do século XX comezou unha lenta recuperación demográfica, que culminou nunha verdadeira explosión demográfica nos anos 60. En 1956 a súa poboación era de 2.325 habitantes e no ano 2001, de 12.234, superándose por primeira vez a cifra de poboación máxima que Illescas tivo desde o século XVI. Na actualidade é o terceiro municipio máis habitado da provincia, só por detrás de Talavera de la Reina e Toledo.
Na zona atopáronse restos arqueolóxicos que testemuñan a existencia de asentamentos desde a época prehistórica. Nas escavacións realizadas no sitio de El Cerrón atopáronse os restos dun poboado celtibero, habitado entre finais do século V a. C. ao II a. C., Trala romanización, tamén estivo un tempo habitado.
Durante a época árabe construíuse un alcázar e algunhas fortificacións, tomadas en 1085 durante a reconquista de Toledo por Afonso VI de León, que ordenou a súa reconstrución. Máis tarde a poboación foi doada á diocese de Toledo, para converterse de novo en territorio reguengo en 1124.
En 1154 Afonso VII de León concedeu a carta puebla e catro anos máis tarde a vila volveu pertencer ao señorío arcebispal até 1575, en que pasou definitivamente á xurisdición real. Durante estes séculos foron frecuentes os litixios entre a vila e o cabido catedralicio.
Serviu de lugar de recreo para os reis, pero chegou a perder o favor real a causa da Guerra das Comunidades de Castela, onde o illescano Francisco de Guzmán foi capitán do exército comuneiro das compañías de Juan de Padilla.
A principios do século XIX, as tropas francesas desmantelaron un mosteiro de franciscanos descalzos.
Segundo o dicionario de Pascual Madoz, a mediados dese século o concello tiña 300 casas e o orzamento municipal ascendía a 30.000 reais, dos que 4.400 eran para pagar o secretario. A partir de entón iniciouse un lento desenvolvemento, ao que contribuíu a chegada do ferrocarril en 1876.
Na década de 1960 iniciouse a expansión do casco urbano, cun gran desenvolvemento industrial e do sector servizos.
Lexislatura | Nome | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | Luis Gamboa Conde | independente |
1983-1987 | José Vicente Inogés Parra | PSOE |
1987-1991 | José Vicente Inogés Parra (14/01/1988) Carlos Gómez García |
PSOE PSOE |
1991-1995 | Felipe Delgado Redondo | Independente |
1995-1999 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
1999-2003 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
2003-2007 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
2007-2011 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
2011-2015 | Fernando Javier Cabanes Ordejón | PP |
2015-2019 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
2019-2023 | n/d | n/d |
2023- | n/d | n/d |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.