Illas de Sotavento de Hawai
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas de Sotavento de Hawai (en inglés Northwestern Hawaiian Islands ou Leeward Islands) son as illas, atois, arrecifes e bancos de area do arquipélago de Hawai situadas ao noroeste das illas de Kaua'i e Niihau. As illas están deshabitadas, e administradas polo estado norteamericano de Hawai excepto o Atol de Midway, que é administrado polo US Fish and Wildlife Service, unha oficina do Departamento de Interior norteamericano.