Illas Virxes Británicas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Virxes Británicas (IVB)[1] oficialmente simplemente as Illas Virxes[2] son un Territorio Británico de Ultramar do Reino Unido no Caribe, que corresponde á metade oriental das Illas Virxes (as maiores son Tórtola, Virgin Gorda e Anegada). Ten fronteira marítima ao oeste coas Illas Virxes Americanas. Ao leste a Pasaxe Anegada sepáraas doutro territorio británico, Anguila. A súa capital é Road Town. As illas forman xeograficamente parte do arquipélago das Illas Virxes e están situadas nas Illas de Sotavento das Antillas Menores e parte das Indias Occidentais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
British Virgin Islands (en) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Vigilate» «Be Vigilant» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | Road Town | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.369 (2023) (260,72 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 151 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Primeiro-ministro das Ilhas Virgens Britânica (pt) | Andrew Fahie (en) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | House of Assembly of the British Virgin Islands (en) , (Escano: 15) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .vg | ||||
Prefixo telefónico | +1284 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | VG | ||||
ISO 3166-2 | VG | ||||
Páxina web | bvi.gov.vg |
As Illas Virxes Británicas consisten nas illas principais de Tórtola, Virgin Gorda, Anegada e Jost Van Dyke, xunto con máis de 50 illas máis pequenas e caios.[3] Aproximadamente 16 das illas están habitadas.[4] A capital, Road Town, atópase en Tórtola, a illa máis grande, que ten uns 20 km. de longo e 5 km. de ancho. As illas tiñan unha poboación de 28.054 habitantes no censo de 2010, dos cales 23.491 vivían en Tórtola,[5] as estimacións actuais sitúan a poboación en 35.802 (xullo de 2018).[4]
Os insulares son cidadáns dos Territorios Británicos de Ultramar e, desde 2002, tamén son Cidadáns británicos.