From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Nova Xeorxia son un grupo de illas situadas no sur do océano Pacífico. As illas pertencen ás Illas Salomón e atópanse na Provincia Occidental. Ao sur do arcipiélago de atopa o mar de Salomón e ao norte de estreito de Nova Xeorxia.
As principais illas do arquipélago son Nova Xeorxia, Vella Lavella, Kolombangara, que é un volcán inactivo, Ghizo, Vangunu, Rendova, Ranongga, Ngagatokae, Mbava e Tetepare.
As maiores illas son montañosas e están cubertas por unha selva tropical. Están rodeadas de arrecifes de coral e inclúen o maior lago de auga salgada do mundo, o lago Marovo.
No arquipélago atópase a Illa Kennedy, onde o que foi presidente dos Estados Unidos de América pasou tres días tras o naufraxio que sufriu a súa embarcación durante a segunda guerra mundial. Bastantes illas do arquipélago serviron de escenario a combates durante o conflito armado.
As maiores poboacións son Gizo, na illa de Ghizo, Munda e Noro. As principais actividades económicas son a silvicultura e a pesca. Nas illas se falan as linguas de Nova Xeorxia.
Unha das menores illas do arcipiélago, a illa Ranongga, elevouse uns 3 metros sobre o nivel do Océano tras o Terremoto das Illas Salomón de 2007, provocando un aumento da liña de costa duns 70 metros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.