![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/WF_-Hoorn.png/640px-WF_-Hoorn.png&w=640&q=50)
Illas Hoorn
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Hoorn (tamén Illas Futuna) están situadas nas coordenadas 14°17′S 178°09′O, e pertencen a comunidade de Wallis e Futuna onde están xeograficamente integradas. A área total é de 115 km ², e a poboación e de 4.873 habitantes (censo de 2003).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/WF_-Hoorn.png/320px-WF_-Hoorn.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Futuna_alofi.jpg/640px-Futuna_alofi.jpg)
Xeograficamente, hai dúas illas:
- Futuna, no noroeste con 83 km², e unha poboación 4.871 habitantes
- Alofi, no sueste con 32 km² e deshabitada
Administrativamente, as illas Hoorn abarcan dúas das tres xefaturas reais de Wallis e Futuna:
- Tu`a (Alo): parte oriental da illa de Futuna, e a illa Alofi (área 85 km², poboación 2.993 hab.)
- Sigave (Singave): terzo occidental da illa de Futuna (zona de 30 km², poboación 1.880 hab.)