![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Volkstelling_1925_Census.jpg/640px-Volkstelling_1925_Census.jpg&w=640&q=50)
Censo
reconto de individuos dunha poboación / From Wikipedia, the free encyclopedia
O censo[1] é un conxunto de operacións pola que se reúnen, elaboran e publican datos sobre cada membro dunha poboación, non necesariamente humana.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Volkstelling_1925_Census.jpg/640px-Volkstelling_1925_Census.jpg)
Os censos de poboacións dun país ou territorio é a principal fonte de datos demográficos pola gran cantidade de información que procesa: dá unha fotografía da poboación, describe estatisticamente as poboacións consideradas desde un punto de vista cuantitativo . É a fonte primaria das estatísticas básicas de poboación que son necesarias para fins gobernamentais e aspectos de planificación económica e social.
Úsase:
- Como base para a análise e a avaliación demográfica.
- Para proxectar, establecer e desenvolver políticas de goberno.
- Para facer estimacións das distintas variables captadas no Censo.
- Como "marco muestral" para enquisas.
- Como referencia para as estatísticas continuas.
- Para determinar os sistemas electorais dun país.